Nacemento:
Morte:
Militar, 40 anos. Casou en maio de 1931 con Blanca Aldama Redondo; tiveron un fillo: Ramón. Ingresou na Academia de Artillería no ano 1914 e no ano 1919 era tenente de Artillería; participou como aviador na Guerra do Rif desde 1920 e recibiu moitas condecoracións. Capitán no 1922. Un dos primeiros españois en lanzarse en paracaídas.
Negouse a asinar a declaración de apoio ao ditador Miguel Primo de Rivera Orbaneja e rematou expulsado dos corpos militares.
Uniuse á fracasada Sublevación de Jaca do 15/12/1930 contra a “Dictablanda” de Dámaso Berenguer Fusté cando estaba no Aeródromo de Cuatro Vientos, Madrid; prendérono.
Coa proclamación da II República reingresou no Exército e nomeárono director xeral técnico de Aeronáutica Civil. Co triunfo da Fronte Popular (FP) en maio nomeárono secretario xeral interino do Alto Comisionado Español en Marrocos (Tetuán), cargo que desenvolve do 13 de maio ao 18 de xullo de 1936.
Executado.
Cando o 17 de xullo de 1936 se produce o golpe militar sedicioso en Melilla, atópase illado no Protectorado de Marrocos, rodeado de golpistas. Tentou organizar a resistencia ao golpe co comandante Ricardo de la Puente Baamonde, curmán de Francisco Franco Bahamonde, no aeródromo de Sania Ramel, Tetuán (Marrocos), cos poucos medios cos que contaban.
Remata detido polos sublevados, que dirixe o coronel Eduardo Sáenz de Buruaga Polanco, na mañá do día 18 de xullo.
Preso na Fortaleza del Hacho, en Ceuta.
Xulgado en consello de guerra o día 03/03/1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 667/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilado en Ceuta o día 16/03/1937.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.