← Volver atrás

Santiago Moreno, Ángel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar. Veciño da Coruña. Capitán de Artillería retirado.

Colaboracionista.

O delegado de Orde Pública da Coruña despois do golpe militar, Florentino González Vallés, solicitou informes sobre José Miñones Bernárdez ao capitán de Artillería retirado Ángel Santiago Moreno, quen informou que Miñones se atopaba no Goberno Civil o día 20, ás 16:30, cando xa comezaran as loitas na rúa e que cando se desprazou ás Xubias deu instrucións de como actuar a persoas revolucionarias armadas que ían en dous autobuses e un camión.

O axente de vixilancia, Fernando Freire Gago, informou que tales feitos non se produciran dese xeito. Isto tamén o confirmaba un empregado da Fábrica Eléctrica Popular Coruñesa, nos Castros, na Coruña, que dixo que Miñones, que era conselleiro delegado da dita empresa, pasara por alí para ver como estaban as cousas, que lle contestara que había normalidade e que Pepe Miñones volvera, sen máis, para a súa casa da Pasaxe,na Coruña, e que non tivera comunicación con ningún grupo.

José Miñones rematou executado.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha