← Volver atrás

Vilela Gárate, Arcadio

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor. Morte en enfrontamento

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 19/05/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista, político e deportista, 53 anos. Casou en 1917 con Mercedes Ramudo; tiñan un fillo e tres fillas: Arcadio, Mercedes, Pilar e María-Victoria. Veciños da Coruña. Obtivo o título de profesor mercantil na Escola Profesional de Comercio da Coruña. En 1911 era secretario da Sociedade Oceanográfica na Coruña. Practicou variedade de actividades deportivas e foi presidente da Federación Galega de Fútbol en 1917.

Falanxista. Participou nas actividades clandestinas dos falanxistas nos últimos meses dos gobernos da II República.

Xornalista e redactor de El Ideal Gallego desde 1930 e colaborou con La Hoja del Lunes.

Represor. Morte en enfrontamento.

Nos primeiros momentos seguintes ao alzamento militar colaborou nos traballos de "limpeza, pacificación e control". Pertenceu á milicia civil armada Caballeros de La Coruña, grupo paramilitar e responsable de moitos dos paseos realizados a simpatizantes da República; acadou o grao de sarxento.

Secretario provincial de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) en 1939 e foi xefe provincial accidental dos falanxistas coruñeses en outubro do dito ano 1939.

Presidente da Federación Galega de Fútbol.

Acusado de participar na represión posterior ao alzamento militar ao pertencer ás milicias civís armadas Caballeros de La Coruña; segundo certas testemuñas sería o responsable de moitos paseos de simpatizantes da República.

En novembro de 1939 participou no traslado a ombreiros dos restos de José-Antonio Primo de Rivera.

Morreu na noite do día 19/05/1946 cando o comando no que figuraba Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire, semella que con tres compañeiros do Grupo volante A Mariña, tentou a sabotaxe dun emisor de Radio Nacional de España (RNE) na Coruña, que se suspendeu pola presenza dun conserxe nas ditas instalacións e na procura de evitar danos sobre da súa persoa.

As fontes do réxime aseguraron e publicaron que, despois do fracaso da misión que lles ordenaran, este grupo antifranquista, sobre das nove da noite, topouse no numero 10 da Avenida de Rubine con Arcadio Vilela cando subía á redacción de El Ideal Gallego e déronlle morte.

Neste comando figuraban: Manuel-Luis Bello Parga, José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana e José Dasilva Bartomeu (algúns acusárono de ser o autor material da morte de Arcadio). Certas fontes inclúen neste operativo ademais a Enrique Ferreirós Candamo, Francisco Cousillas Pombo e, posiblemente, o infiltrado Claudio Díaz Milia.

As autoridades acusaron da autoría material do pasamento do xornalista a Manuel-Luis Bello Parga, ao que agarrotaron. Testemuñas presenciais declararan que Bello Parga non fixera tal.

Outras fontes sinalan que Arcadio non foi axustizado polos guerrilleiros senón que foi unha vítima colateral do fogo amigo na dita Avenida de Rubine, no enfrontamento entre o dito grupo de antifranquistas, en retirada, e as forzas da Benemérita.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.