← Volver atrás

Abeledo Lourido, María-Francisca

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Mugardos
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co mergullador e socialista Manuel Gallego Durán, o Buzo; tiveron tres fillas e catro fillos: Clementina, Josefa, Manolo, Juan, Avelino, María dos Remedios e Guillermo. Veciños dos Casás, San Vicente de Meá, Mugardos. Pai de Clementina Gallego Abeledo (1917-2003), Josefa Gallego Abeledo (1919-2005), María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina, (1928-1962) e Juan Gallego Abeledo, Buzo, Comandante. Cuñada de Antonio Gallego Durán, tamén paseado, e de Manuel-Avelino Gallego Durán, procesado.

Vítima colateral.

O seu home era militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e finou paseado en Mugardos o día 08/08/1936.

Desde a morte do home a súa casa sufriu visitas dos represores de xeito continuado e María converteu o seu fogar en refuxio fundamental para a guerrilla; unha casa da súa propiedade, distinta á que vivía, era coma un cuartel xeral da IV Agrupación.

Os seus fillos e fillas actuaron como enlaces e integráronse na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha