Nacemento:
Morte:
Traballo na casa, 54 anos. Solteira; tiña un fillo: Manuel, que tiña unha discapacidade. Irmá de Ramón Acuña Iglesias, tamén executado e de Manuela Acuña Iglesias, vítima colateral.
Executada.
Ao fuxido Juan-Manuel Gómez Corbacho localizárono na Torre, San Martiño de Salcedo, Pontevedra, e organizouse unha batida, que dirixía o xefe da Garda Cívica de Pontevedra, Víctor Lis Quibén, con 20 gardas cívicos e catro gardas civís, que comandaba o cabo Jesús Barja Vázquez. Os represores achegáronse a Salcedo o día 12 e encamiñáronse á casa de Ramón Acuña Iglesias, empregado de tranvías; alí tamén atoparon á súa irmá Consuelo Acuña Iglesias e á moza de González Corbacho, Elvira Lodeiro González.
Despois de “hábiles” interrogatorios souberon que Gómez Corbacho e Manuel Méndez Montes se agochaban nunha chabola preto da casa; Manuel estaba casado coa irmá de Consuelo, Manuela Acuña Iglesias. Prendéronlle lume á chabola e, ao tentar fuxir, Juan-Manuel morreu tiroteado; Méndez Montes morreu queimado dentro da caseta.
A Ramón, a Consuelo e a Elvira prendéronos e xulgáronos en consello de guerra sumarísimo o 13 de decembro; o fiscal pediu para os tres a pena de morte.
A Ramón e a Consuelo fusilounos un piquete da Garda Cívica, ao mando de Víctor Lis Quibén, na Avenida Monte Porreiro, Santa María de Mourente, Pontevedra, ás 04:00 h do luns 14 de decembro.
Morte rexistrada en Pontevedra a causa de parálise dos centros cardíaco e respiratorio.
A Elvira, que dicía estar en cinta, asasinárona o sábado 19 de decembro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.