← Volver atrás

Acuña Iglesias, Manuela

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Pontevedra

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada con Manuel Méndez Montes; tiñan dous fillos: Germán e Remigio, e unha filla: América. Irmá de Ramón Acuña Iglesias e de Consuelo Acuña Iglesias, executados.

Vítima colateral.

Ao fuxido Juan-Manuel Gómez Corbacho localizárono na Torre, San Martiño de Salcedo, Pontevedra, e organizouse unha batida, que dirixía o xefe da Garda Cívica de Pontevedra, Víctor Lis Quibén, con 20 gardas cívicos e catro gardas civís, que comandaba o cabo Jesús Barja Vázquez. Os represores achegáronse a Salcedo o día 12 e encamiñáronse á casa de Ramón Acuña Iglesias, empregado de tranvías; alí tamén atoparon á súa irmá Consuelo Acuña Iglesias e á moza de González Corbacho, Elvira Lodeiro González.

Despois de “hábiles” interrogatorios souberon que González Corbacho e Manuel Méndez Montes se agochaban nunha chabola preto da casa; Manuel estaba casado coa irmá de Consuelo, Manuela Acuña Iglesias. Prendéronlle lume á chabola e, ao tentar fuxir, Juan-Manuel morreu tiroteado; Méndez Montes morreu queimado dentro da caseta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha