Nacemento:
Morte:
Albanel, 23 anos. Veciño de Oleiros (A Coruña). Soldado pola súa quinta no Rexemento de Infantería Lixeira nº 16 da Coruña. Sobriño de José Brandariz Ramos, executado.
Encarcerado.
Detido nas operacións da policía represora, que seguiron á aniquilación da cúpula da Federación Anarquista Ibérica (FAI), na coñecida como “Caída das Atochas” do día 10/07/1937.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1007/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua, que se ditou o día 30/10/1937.
Neste xuízo dítanse as seguintes condenas: penas de morte para Jaime Baella Pérez, José Brandariz Ramos, Felisardo Brandariz Souto, Marcelino Calviño Pato, Ángel Fernández Fernández, Jesús López Cabado e Ricardo Martín González; cadea perpetua para Juan Aguiar Brandariz; 20 anos de cadea a Juan Couzo Martín e Manuel Lantes Fernández; a Roberto Seoane Ferreño castigárono a 15 anos.
No caso do soldado Juan Aguiar Brandariz, no xuízo do día 09/08/1937, o comisario xefe de Investigación e Vixilancia da Coruña, di sobre el: “No existe nada sobresaliente por lo que se le pueda conceptuar como peligroso, pero ello es debido a que no se le ha presentado ocasión para cometer desmanes”.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.
Interno na Prisión Provincial da Coruña, puxérono en liberdade condicional o día 05/06/1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.