Nacemento:
Morte:
Zapateiro, 21 anos. Veciño de Ferrol desde os tres anos. Tiña un taller de zapateiro en Serantes, que era unha base de apoio aos guerrilleiros antifranquistas. Ao seu irmán José Ares Abelleira, das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU), matárano con 18 anos nos primeiros momentos do alzamento.
Militante do PCE.
Fuxido. Encarcerado.
Despois do alzamento militar mobilizárono no exército golpista.
Ao remate da guerra foi o responsable da reconstrución clandestina do PCE en Ferrol.
Prendérono nunha redada, encarcerárono e indultárono aos dous anos.
Tres meses despois converteuse no responsable de axitación e propaganda da Alianza Nacional de Forzas Democráticas (ANFD) desde a que proporcionaban comida e apoio loxístico aos guerrilleiros antifranquistas.
Enlace da guerrilla. A súa zapatería era base de apoio dos guerrilleiros.
Detivérono no ano 1950 por facilitar víveres, informar aos guerrilleiros e repartir propaganda clandestina.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 18/03/1952, na causa 156/51, por “delitos de actividades comunistas de auxilio a bandoleros”. Acusados de colaboración como enlaces e manter os seus domicilios como bases preto de Ferrol, que os fuxidos e bandoleiros empregaban para albergues e aprovisionamento; construían soterrados e covas que servían de refuxio camuflado; tamén os acusaron de repartir propaganda subversiva do PCE, organizar células e folgas (segundo o que consta no auto). Condenárono á pena de morte, conmutada no último momento.
Entre outras persoas, castigaron neste proceso a 13 anos de cadea a: María de las Mercedes Balado Freire; a 12 anos e un día a José López Acea e ás irmás Juana Varela Sardiña e Socorro Varela Sardiña; tamén condenaron á pena de morte a Antonio Ares Abelleira (conmutada) e a seis meses e un día a Josefa Eive Vilar; exculparon a Carmen Filgueiras Vázquez. De igual xeito procesaron, entre outras persoas, a: Ramón García Rodríguez, Manuel Ríos Seoane, María-Josefa Vázquez Gallego e Enrique Vigo Teijeiro.
Pasou sete anos no cárcere de Burgos despois da detención en 1951 de parte da organización guerrilleira.
No cárcere da Coruña coincidiu con Benigno Andrade García, Foucellas.
Finou na residencia da terceira idade de Caranza, Ferrol.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.