← Volver atrás

Ares López, Juan

Alcume: Pallares
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Procesado

Nacemento:

San Martiño de Andrade, Pontedeume
(A Coruña)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Campolongo, San Martiño de Andrade, Pontedeume
- 27/07/1964 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político, 34 anos. Veciño de San Cosme de Nogueirosa, Pontedeume

Presidente da Sociedade Progreso de Labregos de Nogueirosa e tamén da Sociedade Labrega Comarcal do Este da Coruña, que agrupaba 12 entidades de Pontedeume e Miño.

Membro de Esquerda Republicana (ER); co triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936 elixírono concelleiro de Pontedeume e tenente de alcalde. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Fuxido. Procesado.

Cando se produce o golpe dos rebeldes formouse o Comité de Defensa da República de Pontedeume, no que coinciden, entre outras persoas, o alcalde Manuel Seijo López; Celestino Sardiña Navarro, de Esquerda Republicana (ER) e delegado do Goberno Civil; Luis Nodar Castro, concelleiro de Pontedeume polo PSOE; Ramón Ares Bouza, membro da Sociedade Labrega de Boebre e os seus lugares; Ángel García Toribio, rexistrador e presidente de ER, e Juan Ares López, tamén de ER, concelleiro e tenente de alcalde na mesma localidade. Ordenaron a requisa de armas para enfrontarse aos golpistas.

Foi un dos que tentou deter o día 21 de xullo, en San Mamede de Laraxe, Cabanas (A Coruña), o paso das tropas que acudían a tomar Pontedeume desde Ferrol.

Logrou agocharse no seu domicilio durante máis de 11 anos e logo escapou ao monte. Acusárono de ser un dos instigadores da resistencia republicana na súa localidade.

Enlace do grupo de José Vázquez Mauriz, Patitas, e despois de Ramiro Martínez López, Zapateiro. Rendeuse e entregouse á Garda Civil en maio de 1949.

Procesado e absolto, finou en 1964, aos 62 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha