← Volver atrás

Aznar Gerner, Agustín

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Falanxista

Nacemento:

Madrid
- 18/08/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 02/05/1984 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 24 anos. O 20/10/1937 casou en Salamanca con Dolores Primo de Rivera Cobo de Guzmán. Estudante de Medicina.

Falanxista.

Despois do asalto á Asociación Profesional de Estudantes de Medicina do 25/01/1934, no que dirixía a carlistas e falanxistas, o claustro condenouno coa perda da carreira.

Membro de Falanxe Española (FE). Fundador do Sindicato Español Universitario (SEU); firme alborotador e asaltante de xentes das esquerdas. Xefe nacional das milicias de Falanxe de febreiro de 1935 a marzo de 1936, cando o detiveron.

Colaboracionista.

Ao comezar a guerra estaba na prisión de Vitoria (Araba) e, despois do triunfo dos rebeldes na cidade, consegue a liberdade. En setembro de 1936 xa tiña unha enorme influencia dentro de FE e propuxo a Manuel Hedilla Larrey, ao que nomearon en Valladolid xefe da Xunta de Mando Provisorio, mentres José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia permanecía preso en Alacante. Colaborou nos intentos de liberación de José-Antonio do cárcere.

A comezos de 1937, diante das loitas internas no partido, encadrouse na facción dos “lexitimistas” con Pilar Primo de Rivera Sáenz de Heredia, Sancho Dávila Fernández de Celis e Rafael Garcerán Sánchez, que acabaron por non recoñecer o mando de Hedilla.

No mes de abril de 1937 quixo, na compañía de Sancho Dávila e outros, depoñer a Hedilla no Congreso Nacional de FE en Salamanca. Hedilla Larrey acudiu a Francisco Franco Bahamonde e Aznar e Dávila acabaron no cárcere. Pilar Primo de Rivera mediou e pronto os liberaron.

Membro do Consello Nacional de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS); a desconfianza de Franco cara cos “Camisas Vellas” fixo que o expulsaran en maio de 1938, acusado de conspirar contra o Xeneralísimo e sentenciárono a unha dura condena. Ao fin da guerra civil conmutáronlle a pena por un ano de arresto domiciliario.

En 1941 rehabilitárono; era contrario a que Franco non se implicara máis no seu apoio á Alemaña nazi e presentouse voluntario na División Azul, volvendo a España en 1942.

Procurador nas Cortes franquistas desde 1943 e vogal do Instituto Nacional de Previsión (INP).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.