← Volver atrás

Barrera Luyando, Emilio

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Burgos
- 17/01/1869 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Burgos
- 05/05/1943 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 67 anos. Ingresou en 1885 na Academia Xeral Militar; era alférez en 1888. Participou nas guerras de Puerto Rico e de Cuba. Acadou o grao de xeneral de división por méritos de guerra. Axudante de campo do rei Alfonso XIII. Tamén participou na Guerra de África durante trece anos, desde 1909; era comandante xeral de Larache en 1921.

Gobernador militar de Tarragona na ditadura militar de Miguel Primo de Rivera Orbaneja e de 1924 a 1930 capitán xeral de Cataluña. Membro da Asemblea Nacional Consultiva. Xefe do Estado Maior Central ata a proclamación da II República, feito despois do que comezou coas conxuras antirrepublicanas.

No verán de 1931 houbo intensos rumores dun novo golpe de Estado, no que se implicaba aos xenerais Emilio Barrera Luyando, Luis Orgaz Yoldi e ao propio Francisco Franco Bahamonde. Manuel Azaña Díaz anotou no seu diario "Franco es el único al que hay que temer".

O día 05/02/1932 destinárono á Coruña como xefe da 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica de Galicia.

Participou en 1932 na “Sanjurjada” desde Madrid; regresou a España desde o exilio no ano 1934. Formou parte da Unión Militar Española (UME) e viaxou a Italia para conseguir armas para derrocar a República; entrevistouse con Benito Mussolini.

Xulgado en marzo de 1935 e condenado á pena de morte por antirrepublicano, aplicáronlle de xeito inmediato os beneficios da amnistía.

Golpista.

O día 13/07/1936 detivérono en Barcelona e conducírono á prisión de Guadalaxara, de onde foxe e refuxiouse na embaixada francesa. Pasou a Burgos e os franquistas nomeárono presidente do Tribunal Superior de Xustiza Militar de España ata xaneiro de 1939, ano no que pasa a reserva por cumprir os 70 anos.

Retirouse co grao de tenente xeneral.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha