← Volver atrás

Cabaleiro Amoedo, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

San Xoán de Cabeiro, Redondela
(Pontevedra)
- 23/02/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Alto da Concheira, San Fausto de Chapela, Redondela
- 16/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 25 anos. Veciño de San Xoán de Cabeiro. Fillo de solteira de Emilia Cabaleiro Amoedo, asasinada co seu fillo.

Paseado.

Despois do golpe militar Emilia e o seu fillo Antonio buscaron refuxio en Porto Cabeiro para catro homes de Vigo (Pontevedra), eran os últimos meses de 1936. Á nai e ao fillo espiounos un veciño ata que puido coñecer o agocho que empregaban.

O día 13/02/1937 un amplo operativo de gardas civís, gardas cívicos e falanxistas, ao mando do sarxento Miguel Marcos, poñen cerco á casa de Emilia e Antonio; torturaron á nai a ao fillo para que desen información das persoas que acubillaban e da axuda que lles prestaban. Foron tres días dun auténtico martirio.

O día 16/02/1937 prenderon a: Manuel Vázquez Lamas, empregado de arbitrios; Higinio Fernández Fernández, zapateiro, e Antonio Alonso Comesaña, carpinteiro.

Morte rexistrada no Alta da Concheira, na estrada Vigo-Redondela, a causa de feridas producidas por proxectil de arma de fogo.

Xuntos, no mesmo lugar e data, executaron a: Antonio Alonso Comesaña, Antonio Cabaleiro Amoedo, Emilia Cabaleiro Amoedo, Higinio Fernández Fernández e Manuel Vázquez Lamas. Os corpos de Emilia e do seu fillo tiñan sinais de torturas, mutilados e cribados a balazos; ademais a Emilia cortáronlle os peitos e metéronlle na boca o pene e os testículos do seu fillo.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio dos Eidos, en Redondela.

Embargáronlles mobles e enxoval no expediente A-16 .

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha