← Volver atrás

Calvo Cortés, Josefa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesada

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Peixeira e vendedora de verdura, 47 anos. Compañeira do anarquista Enrique Rosende Huerta, camareiro do Café Asturias e nai de José Rosende Calvo, asasinado pola Garda Civil en Elviña, e de Enrique Rosende Calvo, detido e condenado a cadea perpetua. Veciña da rúa da Torre, na Coruña.

Militante da Federación Anarquista Ibérica (FAI) e enlace na Coruña.

Procesada.

Enlace da reorganización da FAI na Coruña.

Josefa era a encargada do subministro de peixe, froitas e verduras na casa de Alicia Dorado Viso, na rúa do Carme, 6-faiado, na Coruña. Nesa casa agochábanse os militantes da FAI, Julio Acevedo Veiga, compañeiro de Alicia, e Antonio Fournerakis, el Viejo.

Detida en xullo de 1937 a raíz dos sucesos que seguiron á coñecida como “Caída das Atochas”, operación da policía represora do día 10/07/1937.

Xulgada en decembro de 1937 en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión co resultado de sentenza de absolución.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha