← Volver atrás

Cardeñas Lozano, Miguel

Alcume: o Cardeña, o Maquis Andaluz
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Axustizado

Nacemento:

Andújar
(Xaén)
- 03/02/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ricosende, Santa Isabel de Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, 25 anos. Casado con Emilia Cantudo Mondéjar (morta no ano 1945); tiñan un fillo: Juan. Barrenador nas minas.

Afiliado da Sociedade Obreira de Labregos El Porvenir, vencellada á UXT, de 1931 a 1939.

Encarcerado. Fuxido. Axustizado.

Durante a guerra civil combateu como miliciano no bando republicano na Garda de Seguridade e Asalto de Andújar e na 89ª Brigada Mixta, 20ª División do IX Corpo de Exército do Exército de Andalucía. Cando rematou a contenda, xa co grao de sarxento, volveu a Andújar, onde se afiliou ao PCE.

Prendérono os franquistas en Porcuna (Xaén) o día 31/03/1939.

Xulgado en consello de guerra en Andújar o día 25/04/1940 polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena ordinaria conmutada na comisión de Xaén pola de 30 anos de prisión.

Preso en Xaén, Burgos e Celanova (Ourense). Máis tarde trasladárono, o día 18/05/1943, para traballos forzados ao destacamento penal das minas de volframio de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense) para redimir pena. En contacto coa guerrilla leonesa logrou evadirse, con outros presos, o día 03/05/1944.

Integrouse na Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) e converteuse na man dereita de Manuel Girón Bazán, Girón. Era un bo tirador e un bo compañeiro.

O día 09/07/1945 participou nunha redada á Garda Civil, en Penas Brancas, A Edreira, na serra da Corbaceira, con Domingo Rodríguez López, Xirolo, Inca; José Vega Seoane, o Ánimas, e Abelardo Macías Fernández, o Lebre, na que deron morte a catro números; tamén morreu o Ánimas ao estouparlle unha granada que ía lanzar sobre a patrulla da Benemérita.

Dentro dos homes do monte semella que foi vítima da nova estratexia dos homes do PCE, que remataron a moitos compañeiros por opoñerse ás novas instrucións.

No mes de xuño de 1949 a Garda Civil localizouno en Ricosende e asasinárono dun tiro na cabeza na aplicación da Lei de Fugas.

Soterrárono nunha fosa común na paraxe da Rebrozada, Soutadoiro.

Existen dúbidas sobre se o asasinou un axente infiltrado ou a propia guerrilla antifranquista (segundo Carlos G. Reigosa) nun acto de depuración.

Outras fontes indican que o axustizaron por orde de Samuel Mayo Méndez, que o acusara de traidor.

Procesárono por responsabilidades políticas en Granada e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.