Nacemento:
Morte:
Tiña 29 anos. Solteiro. Veciño de Noia (A Coruña).
Executado.
No decorrer da guerra civil foi axente da Dirección Xeral de Seguridade en Madrid.
O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro, na Coruña, para preparar unha evasión masiva coñecida como a Fuga do Portiño. Posiblemente por mor dunha delación, a Garda Civil rodeou a zona e prenderon a 20 persoas (a 19 fusiláronas máis tarde); catro tentaron fuxir guindándose ao mar desde moita altura.
Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 362/37.
Os fusilados foron: Manuel Bergantiños Pose, Gregorio Cardoso Francisco, Aurelio Castillo Barreiro, Francisco Díaz Moreno, Ramón Díaz Valeiro, Salvador-Mateo Domingo Lliso, Alejandro Dopico Saleta, Pedro Fernández Ferreiro, Ramiro Fontenla Andújar, José García Vázquez, Ramón González Canosa, Luis Lafuente Naveira, Antonio Lorenzo García, Federico Rivadulla Rivero, Iquiño, José Rodríguez Serantes, Manuel Tellado Villar, Manuel Baldomir Vázquez e Antonio Vidal González.
Aos gardas civís que participaron felicitáronos os seus superiores.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 374/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilado ás 06:00 h na Punta Herminia, na Coruña.
Morte rexistrada a causa das feridas recibidas ao pasalo polas armas.
Soterrárono o día 9 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Manuel Baldomir Vázquez, Manuel Bergantiños Pose, Aurelio Castillo Barreiro, Francisco Díaz Moreno, Ramón Díaz Valeiro, Salvador-Mateo Domingo Lliso, Alejandro Dopico Saleta, Pedro Fernández Ferreiro, Ramiro Fontenla Andújar, José García Vázquez, Ramón González Canosa, Luis Lafuente Naveira, Antonio Lorenzo García, Federico Rivadulla Rivero, José Rodríguez Serantes, Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.