Nacemento:
Morte:
Militar, 60 anos. Casado con Rosa Mateo, quen falecería o día 03/12/1936 trastornada desde a detención do seu home; tiveron nove fillos. Veciños da Coruña. Coronel no ano 1930. Cando se proclamou a II República, o gobernador militar da Coruña ordenoulle ao entón coronel do 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica, Caridad Pita, sacar as tropas á rúa; o coronel saíu só en coche descuberto a xeito de acatamento da vontade popular.
Despois de que se sufocou a revolución de outubro de 1934 no Principado de Asturias, enviárono a Xixón (Principado de Asturias), caracterizándose pola súa posición conciliadora; era xeneral desde marzo dese mesmo ano.
Pertenceu á masonería.
Executado.
En xullo de 1936, cando era xeneral de brigada, atopábase destinado na Coruña como gobernador militar e como xeneral xefe da 15ª Brigada de Infantería na Coruña e ás ordes do xeneral Enrique Salcedo Molinuevo, xefe da VIII División Orgánica. A Salcedo nomeárao o Goberno radical-cedista, o día 07/02/1936, días antes das eleccións xerais. Foi o xeneral que mantivo na lealdade á República a Salcedo Molinuevo, convencéndoo para que non se unira aos golpistas. Xunto con Salcedo e ao estar ao tanto dos movementos rebeldes nos cuarteis, decidiron que se fixeran vixilancias periódicas nas guarnicións militares nas que el participaba de forma espontánea.
Os seus fillos Carlos Caridad Mateo, Francisco-Javier Caridad Mateo, José Caridad Mateo, Rogelio Caridad Mateo e Vicente Caridad Mateo, despois de combater no exército republicano marcharon para o exilio a México.
Republicano.
Cando se produce o golpe militar, co xeneral Salcedo, asegurou ao gobernador civil da Coruña, Francisco Pérez Carballo, a súa lealdade á República, a pesares de que a Salcedo o conminara por telegrama Gonzalo Queipo de Llano Sierra e por teléfono Emilio Mola Vidal.
Detido con Salcedo polos oficiais sublevados que lles eran subordinados e que prepararan a sublevación ás súas costas.
O día 27/07/1936 trasladárono preso con Salcedo Molinuevo, no barco Plus Ultra, da Compañía Trasmediterránea, e despois encarceráronos no Castelo de San Felipe, en Ferrol.
Xulgado en Ferrol en consello de guerra sumarísimo o día 24/10/1936 polo delito de traizón, na causa 413/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Procesaron a: Enrique Salcedo Molinuevo, xeneral de división e condenado á pena de morte; Rogelio Caridad Pita, xeneral de brigada tamén condenado á pena de morte, e o coronel de Artillería, Adolfo Torrado Atocha, condenado a cadea perpetua.
O fiscal do xuízo doi o auditor militar Hernán Martín-Barbadillo Pául, quen solicitou a pena de morte para os dous xenerais por traizón e prisión maior a morte para o coronel por desobediencia de rebeldes ou sediciosos. Na vista non se fixeron interrogatorios nin a testemuñas nin aos propios acusados.
Fusilado no Castelo de San Felipe, en Ferrol, con Enrique Salcedo Molinuevo, ás 08/00 h, previa degradación e por mor de non secundar o golpe militar.
Soterrárono no cemiterio de Mugardos (A Coruña).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.