← Volver atrás

Carril Devesa, Fernanda

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Laxe
(A Coruña)
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Taberneira, 41 anos. Casada co canteiro portugués Antonio Pedro Álvarez. Veciños de Santa María de Baio, Zas (A Coruña). Nai de Balbina-María Pedro Carril. Viviran en Laxe e trasladáronse a Baio onde rexentou a Fonda de Fernanda a Pesca.

Encarcerada.

A súa filla e o seu xenro Manuel García López marcharon a vivir a Madrid e pasaron alí a guerra civil. Tachados de republicanos e diante da presión dos golpistas, Fernanda tivo que pechar a fonda de Baio e pasou a vivir na Coruña, onde abre outra fonda na praza da Cormelana e despois na rúa San Andrés.

Na posguerra apoiou a guerrilla antifranquista, servindo de correo dos fuxidos coa súa filla, enviando e recibindo paquetes entre Baio e A Coruña. Detida na Coruña.

Despois da morte de Manuel Ponte Pedreira a Garda Civil descubriu o nome de moitos enlaces que Ponte levaba anotados nun caderno que lle atoparon. Un deses nomes era o de Fernanda, detida o día 24/04/1947 e ingresada na Prisión Provincial da Coruña.

Xulgada en consello de guerra na Coruña, o día 12/12/1947, polo delito de axuda a malfeitores, na causa 200/47, na que se procesaron nada menos que a 69 persoas: 16 de Vimianzo, oito de Laxe, 17 de Zas, seis de Cabana de Bergantiños e dous de Corme, entre outras persoas; todos eles acusados, en distinto grao de implicación, de “auxilio a malhechores” que se aloxaban en Santa María de Baio, Zas, en cinco vivendas diferentes. A súa sentenza rematou na absolución.

Neste procedemento condenaron a 20 anos de cadea a Manuel Lorenzo Pérez; a 15 anos a Manuel García López; a 12 anos e un día a Cándido Vázquez Mouzo; pena de seis anos para Balbina-María Pedro Carril; absolveron a: Fernanda Carril Devesa, María Ponte Pedreira e Ramón Suárez García; tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: Celia Álvarez Vivero, Manuel Pereira Doval e Carmen Trillo.

Puxérona en liberdade o día 23/12/1947.

Para ver todos os procesados na causa 200/47 dirirxe á ficha de Alfredo Agra Blanco.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha