Nacemento:
Morte:
Xornalista e político, 21 anos. En 1924 pasou a vivir en Madrid, por mor do destino do seu pai, líder socialista e da UXT.
Afiliado as Xuventudes Socialistas (XXSS) desde 1929 e á UXT.
En 1930 estudou periodismo e coa proclamación da II República El Socialista encárgao da información parlamentaria; en 1933 é o director de Renovación en Barcelona.
En 1934 secretario xeral das XXSS. Dentro das dúas correntes do PSOE, alíñase coa máis revolucionaria de Francisco Largo Caballero.
Tomou parte na Revolución de outubro de 1934 que o levou ao cárcere, onde coincidiu co seu pai e con Largo Caballero e outros dirixentes socialistas. No cárcere afastouse das ideas de Largo Caballero ao consideralas moderadas. Co triunfo da Fronte Popular (FP) puxérono en liberdade.
Ao saír do cárcere a Internacional Socialista organizoulle unha viaxe a Moscova onde acada ideas e acordos para a formación das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).
Exiliado.
O golpe de Estado dos rebeldes cólleo en París, cruza a fronteira e en Donostia (Guipúscoa) únese ao exército republicano. Debe regresar a Francia, volve pola fronte catalá e vai cara Madrid, onde acada o grao de capitán e loita na fronte da serra madrileña. O día 20/09/1936 nomeárono secretario xeral das XSU. No mes de outubro dese ano os rebeldes avanzan sobre a capital e o día 6 de novembro están ás portas de Madrid; o Goberno, diante do perigo alzista, trasládase a Valencia e encarga ao xeneral José Miaja Menant a defensa da capital.
Carrillo afíliase ao PCE a finais do ano 1936. Na Junta de Defensa, a Carrillo noméano conselleiro de Orden Público. O día 7 hai bombardeos sobre a cidade da aviación e da artillería; nas aforas lóitase corpo a corpo. Diante do temor de que os franquistas entren na cidade, decídese trasladar aos presos a outros destinos; a un convoi destes presos desviárono a Paracuellos del Jarama onde finaron por asasinalos; o mesmo ocorre uns días despois en Torrejón de Ardoz. Ata o 4 de decembro non todos os trasladados chegarían ao seu destino. En total entre 2396 e 5000 presos civís e militares faleceron asasinados. Os franquistas responsabilizaron a Santiago-José Carrillo Solares destes sucesos pois era o conselleiro de Orden Público; el sempre negou a súa participación e a súa responsabilidade nestes feitos.
O día 24/12/1936 abandonou a Junta de Defensa e adicouse as XSU, con 200.000 afiliados, que se integraron no exército republicano. En 1937 pasa a formar parte do Buró Político do PCE como membro suplente, asumindo as consignas da Internacional Socialista.
Ao rematar a guerra civil, na que loitou ata o último momento, pasou a Francia pola fronteira catalá. A Dolores Ibárruri Gómez, a Pasionaria, que conta co seu apoio, desígnana secretaria xeral do PCE contra todo prognóstico.
Procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo no ano 1940.
Desde París, no ano 1944 tenta deter a Invasión do Val de Arán, onde morreran moitos guerrilleiros; ao considerala un disparate, ordenou a retirada, organizando aos maquis ata a súa disolución en 1949.
Entre abril de 1946 e xaneiro de 1947 foi ministro sen carteira do Goberno republicano no exilio, que presidía José Giral Pereira. En 1948 acode con Dolores Ibárruri Gómez e Francisco Antón Sanz a unha entrevista con Iosif Stalin, que lles aconsella a infiltración nos Sindicatos Verticais e o abandono da estéril guerrilla; a Carrillo encoméndaselle a nova estratexia.
Nos anos cincuenta as relacións con Dolores Ibárruri arrefríanse. En 1955 España entra na ONU a proposta dos Estados Unidos e co apoio de Rusia; Stalin morrera en 1953 e Santiago Carrillo, desde Paris, apoia esta entrada e formula a “política de reconciliación nacional”; por este apoio estivo a piques de que o expulsaran do partido. A dirección do PCE, con Ibárruri á cabeza, tomou posicións contra Carrillo, pero a nova política soviética fixo que os contrarios a Carrillo tiveran que reflexionar, influídos neste caso por Dolores Ibárruri, sobre esta posición.
Nunha reunión do Buró Político do PCE en Budapest (Hungría), onde Carrillo acudiu na espera da súa expulsión, regresou como virtual secretario xeral e Ibárruri delegou todas as responsabilidades nel. No VI Congreso do PCE sae designado secretario xeral (cargo que desenvolveu de 1960 a 1982) e a Pasionaria, presidenta.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.