Nacemento:
Morte:
Tiña 15 anos. Veciño de San Esteban de Pravio, Muros de Nalón. Fillo dun vasco e dunha galega.
Participou na campaña de apoio a candidatura da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.
Fuxido. Exiliado.
Aos 17 anos quixo engancharse ás milicias republicanas pero non lle deixaron. A fin enrolouse no 251º Batallón de Infantería Pablo Iglesias como axudante de cociña e de correo. Prendérono os rebeldes en outubro de 1937 e castigárono a traballos forzados. Foxe e marcha a Sarria (Lugo) cos avós maternos, onde se atopou co seu pai; á súa nai condenárana a 20 anos de cadea.
Casou nos anos corenta con Fina López.
Enlace queimado da guerrilla en Sarria. No ano 1943 integrouse na III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) que mandaba José-Luis Castro Veiga, o Piloto.
Na III Agrupación Castro Veiga, o Piloto, creou o Destacamento D, no que se integraron: Abelardo Gutiérrez Alba; Elías López Armesto, o Paxariño; José Arias Fernández, Cristo; Adolfo-Gregorio Cenitagoya González; José Pardo Rodríguez, o Rego, e Francisco López Quinte, Paco de Rigueiro.
No ano 1946 foxe a Francia cando comprende que as potencias aliadas non tomarán medidas contra o ditador Francisco Franco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.