Nacemento:
Morte:
Albanel e político, 26 anos. Casado con Eusebia Pampillón Oitabén; tiveron un fillo e unha filla: Telmo e Margarita. Veciños do barrio da Garita, Santa Baia de Alcabre, en Vigo. Eran nove irmáns e a un deles, Antonio Comesaña Pérez, paseárono con el; á súa irmá Cecilia Comesaña Pérez, denigrárona. Ao seu medio irmán por parte de pai, Emilio Comesaña Sobreira, tamén o pasearon o mesmo que aos Comesaña Pérez.
José foi secretario da Sociedade de Labregos e Gandeiros de Alcabre, que se constitúe como sindicato en novembro de 1934.
Paseado.
Cando se produce o golpe dos militares sublevados participou con, entre outras persoas, o seu irmán Antonio Comesaña Pérez, o seu medio irmán Emilio Comesaña Sobreira e Fernando Costas Iglesias, para a requisa de armas do cuartel da Garda Civil en Bouzas, Vigo, para a defensa da República; non llas entregaron.
O día 30/09/1936 prendéronos e encarceráronos no frontón da rúa María Berdiales, en Vigo, de onde os sacou o oficial da Garda Civil Francisco González Rodríguez, o Rabioso, para pasealos aos catro no mesmo día.
O día 06/10/1936 un grupo de falanxistas e gardas civís e un cura sacaron a seis persoas da prisión do frontón da rúa María Berdiales, leváronos a Vincios e asasináronos en dous grupos; tres morreron en Pasaxe (José Comesaña Pérez, Antonio Comesaña Pérez e Emilio Giráldez Rodríguez) e outros tres en Bichicáns, Vincios (Emilio Comesaña Sobreira, Fernando Costas Iglesias e Manuel Villar Cimadevilla). Soterráronos a todos no cemiterio de San Vicente de Mañufe, Gondomar.
Morte rexistrada en Gondomar a causa de feridas producidas por disparos de arma de fogo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.