Nacemento:
Morte:
Carpinteiro, 49 anos. Casado con Aurora Fernández; tiveron catro fillas e tres fillos: Aurora, Argentina, Carmen, Sara, Emilio, José e Manuel. Veciños de Santa Baia de Alcabre, en Vigo. Aos seus medio irmáns por parte de pai, Antonio Comesaña Pérez e José Comesaña Pérez paseáronos e asasináronos con el; á súa medio irmá Cecilia Comesaña Pérez, denigrárona, igual que as súas fillas Aurora Comesaña Fernández e Carmen Comesaña Fernández, e a súa sobriña Peregrina Comesaña Costas.
Emilio fora presidente da Sociedade de Labregos e Gandeiros de Alcabre, que en novembro de 1934 se constitúe en sindicato.
Paseado.
Cando se produce o golpe dos militares sublevados participou con, entre outras persoas, os seus medio irmáns Antonio Comesaña Pérez e José Comesaña Pérez e con Fernando Costas Iglesias, no intento de requisa de armas no cuartel da Garda Civil de Bouzas, Vigo, para a defensa da República e que non lles entregaron.
Prendéronos o 30 de setembro, encarceráronos no frontón da rúa María Berdiales, en Vigo, de onde os sacou o oficial da Garda Civil Francisco González Rodríguez, o Rabioso, para pasealos aos catro no mesmo día.
O día 06/10/1936 un grupo de falanxistas, gardas civís e un cura sacaron a seis persoas da prisión do frontón de María Berdiales, leváronos a Vincios e asasináronos en dous grupos; tres morreron en Pasaxe (José Comesaña Pérez, Antonio Comesaña Pérez e Emilio Giráldez Rodríguez) e outros tres en Bichicáns, Vincios (Emilio Comesaña Sobreira, Fernando Costas Iglesias e Manuel Villar Cimadevilla).
Soterráronos a todos no cemiterio de San Vicente de Mañufe (Gondomar).
Morte rexistrada en Gondomar a causa de feridas producidas por disparos de arma de fogo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.