← Volver atrás

Dorado Rodríguez de Campomanes, Carmen

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido
- 16/09/1985 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casada co avogado, xornalista e político Ricardo Gasset Alzugaray; tiveron catro fillos. Veciños do Incio (Lugo). Propietarios do balneario do Incio e da fábrica de electricidade de Belesar.

O seu home militou inicialmente no Partido Liberal (PL), obtivo acta de deputado por Ciudad Real en 1916 e, anos despois, pola Coruña nas eleccións de 1918, 1919, 1920 e 1923; durante un tempo dirixiu o xornal familiar El Imparcial, de tendencia monárquica.

Ricardo era partidario da República e militante do Partido Republicano Radical (PRR), nomeárono gobernador civil da Coruña en 1933, manténdose no cargo ata febreiro de 1934, cando o deixa por diferencias coa dirección do partido de Alejandro Lerroux García; en xuño de 1934 afiliase a Unión Republicana (UR), que dirixe o seu amigo Diego Martínez Barrio e elixírono deputado por Lugo nas eleccións de 1936. Traballou nos relatorios do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Exiliada.

O golpe sorprendeunos nas súas propiedades no Incio; conseguiron pasar á zona republicana e Ricardo exerceu de subsecretario do Ministerio de Comunicacións, Transportes e Mariña Mercante.

Ao caer a fronte de Cataluña en 1939 foxen a Francia en marzo e instálanse en Montauban (Occitania, Francia), onde acolleron os últimos días do presidente da República Manuel Azaña Díaz, que morreu o día 03/11/1936.

Ao seu home condenouno en ausencia, en novembro de 1940, o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña a dez anos de inhabilitación especial, oito anos e un día de desterro e multa de 20.000 pesetas.

Cando xa estaba no exilio francés Ricardo sería un baluarte na defensa dos republicanos escapados e, despois do indulto do 09/12/1949, volveron a España.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha