← Volver atrás

Gasset Alzugaray, Ricardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Sancionado

Nacemento:

Madrid
- 16/06/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 22/07/1966 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, xornalista e político, 43 anos. Casado con Carmen Dorado Rodríguez de Campomanes. Veciños do Incio (Lugo). O seu pai, Rafael Gasset Chinchilla (+1927) foi ata nove veces ministro de Fomento cos liberais. Ricardo estudou Dereito na Universidade Central de Madrid. Propietario do Hotel Balneario do Incio e da Fábrica de Electricidade de Belesar.

Militou inicialmente no Partido Liberal (PL), obtivo acta de deputado por Ciudad Real en 1916 e, despois, pola Coruña nas eleccións de 1918, 1919, 1920 e 1923, ata a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.

Durante un tempo dirixiu o xornal familiar El Imparcial de tendencia monárquica.

Partidario da República e militante do Partido Republicano Radical (PRR), designárono gobernador civil da Coruña en 1933, manténdose no cargo ata febreiro de 1934, cando o deixa por diferencias coa dirección do partido de Alejandro Lerroux García.

En xuño de 1934 afiliase a Unión Republicana (UR), que dirixe o seu amigo Diego Martínez Barrio e acadou acta de deputado por Lugo nas eleccións de 1936. Traballou nos relatorios do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Fuxido. Exiliado. Sancionado.

O golpe sorprendeuno no Incio nas propiedades da súa dona; conseguiu pasar á zona republicana en Madrid. Exerceu de subsecretario do Ministerio de Comunicacións, Transportes e Mariña Mercante.

Ao caer a fronte de Cataluña en 1939 foxe a Francia en marzo e instálase en Montauban (Occitania, Francia), onde xestionou unha explotación agraria e acolleu os últimos días do presidente da República Manuel Azaña Díaz, quen morre o día 03/11/1936.

Condenouno en ausencia, en novembro de 1940, o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña a dez anos de inhabilitación especial, oito anos e un día de desterro a máis de 200 quilómetros do Incio e multa de 20.000 pesetas.

Xa no exilio francés foi un baluarte na defensa dos republicanos exiliados e, participou na constitución da Alianza Nacional de Forzas Democráticas (ANFD) e na Unión de Intelectuais Españois (UIE).

Despois do indulto do 09/12/1949, volveu a España.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.