Nacemento:
Morte:
Militar. Veciño de Ferrol (A Coruña). Tenente coronel de Artillería.
Golpista.
Cando se produce o golpe dos sublevados Fano Díaz era tenente coronel de Artillería e desenvolvía o cargo de segundo xefe do Rexemento de Artillería de Costa nº 2, en Ferrol. O xefe deste rexemento era o coronel Antonio Corsanego Wauters-Horcasitas, quen nese momento se achaba de vacacións na Coruña.
Desde os primeiros momentos do alzamento, José Fano estivo do lado dos rebeldes e contactou cos mandos da cidade de Ferrol (A Coruña) para ver a posición que adoptaban cara o golpe, sendo el un animoso propulsor da declaración do estado de guerra. O día 19 regresou ao rexemento Corsanego, que tamén adoptou esta postura rebelde e sacou as súas tropas ás rúas de Ferrol ata a vitoria dos alzados.
Estivo presente na xefatura da Base Naval, co vicealmirante Indalecio Núñez Quijano, na entrevista que mantiveron o contra-almirante Antonio Azarola Gresillón e o alcalde de Ferrol Antonio Santamaría López, na que se trataba de que o alcalde convencera da súa rendición ás dotacións do cruceiro lixeiro Almirante Cervera e do acoirazado España.
Participou no consello de guerra contra Azarola e en varios consellos de guerra máis.
No ano 1937 ascéndeno a coronel e mandou o Rexemento de Artillería Lixeira nº 16, 8ª Brigada de Artillería da VIII División Orgánica.
Polos seus desacordos coas prácticas represivas sobre os republicanos de Victoriano Suanzes Suanzes trasladárono de xeito forzoso ao Principado de Asturias.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.