Nacemento:
Morte:
Contable, 27 anos. Casada co contable Víctor García García, o Brasileño; tiveron un fillo: Víctor. Veciños de Oviedo (Principado de Asturias). Estiveron emigrados en Brasil ata novembro de 1933, data na que volveron a España.
Vítima colateral.
O seu home, na guerra civil, acada o grao de comisario nas Brigadas Internacionais, loitando na Fronte Norte, en Cataluña e en Aragón; polos seus méritos en combate os mandos republicanos crearon o 208º Batallón Víctor, 1ª Brigada Mixta, 1ª División do III Corpo de Exército de Asturias, que el mesmo dirixiu, e rematada a guerra pasou á clandestinidade. En 1939 está en Porto (Portugal), onde o enviaran pola súa nacionalidade brasileira e converteuse no delegado da III Internacional Socialista para España e Portugal, coa misión de refacer os grupos comunistas galegos e organizar os enlaces e apoios, sobre todo na zona da Raia Seca (sobre todo en Castro Laboreiro), para a saída a través da península de pilotos aliados derrubados sobre Francia.
En 1943 o PCE envíao a Vigo (Pontevedra) como secretario xeral da Sección Galega do partido, onde participa na estruturación dos comités da Unión Nacional Española (UNE), coa intención de manter contactos para establecer un potente movemento guerrilleiro.
Por diferencias cos pensamentos do PCE, despois do desastre do Val de Arán de outubro de 1944, que implicou a eliminación dos monzonistas, e do intento de converter as organizacións clandestinas en grupos do PCE, Santiago-José Carrillo Solares excluíuno do partido e “premiouno” coa eliminación. Nunha circular do partido en Galicia que dirixían José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, de agosto de 1946, escríbese: “la lucha contra García y su grupo, su liquidación política y física es nuestra principal preocupación. Nosotros pensamos estar en vía de liquidarlo rápidamente...”.
Na máis pura tradición stalinista, a Víctor García e a Teófilo Fernández Canal, que era o seu lugartenente, depuráronos os seus propios compañeiros en abril de 1948, despois de que o Comité Central do PCE autorizara que se rematara coas súas vidas.
Acusáronos de "desviacionistas", infiltrados e traidores cando non de atracadores; todas acusacións falsas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.