← Volver atrás

Fernández Seoane, Ildefonso

Alcume: Cuñeira
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Santa María de Xares, A Veiga
(Ourense)

Morte:

San Pedro de Correxais, Vilamartín de Valdeorras
(Ourense)
- 06/08/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreiro. Veciño da Veiga. Obreiro do ferrocarril.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Cando se produce o golpe dos rebeldes foxe ao monte e intégrase na guerrilla antifranquista.

No ano 1942 participa no Congreso de Ferradillo, onde se crea a Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) e forma parte da unidade de Arturo López Delgado, Arturín, que se adicou a accións de resistencia antifranquista e sabotaxes.

Na data do 06/08/1942 morren nun enfrontamento coa Garda Civil en Correxais: Ildefonso Fernández Seoane, Cuñeira, Arturo López Delgado, Ovidio González Vázquez, o Pollón, e Manuel Monteserín, Gerardo.

Ao grupo denunciarao un granxeiro local, que os aprovisionara de viño; despois de comer e beber, os guerrilleiros durmían e sorprendéronos as forzas da Garda Civil. Roberto López Rodríguez, Pajarito, logrou fuxir con vida da refrega.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha