← Volver atrás

Fernández Vázquez, José-Fernando

Alcume: Comandante Sotomaior, Noé
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

A Pobra do Caramiñal
(A Coruña)
- 22/03/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Caracas
(Venezuela)
- 11/02/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, perito construtor, escritor e político, 32 anos. Fillo de solteira. Irmán de Balbino Fernández Vázquez, encarcerado. Desde moi novo traballou de albanel.

Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja desterrárono a Bilbao (Biscaia) e a Marrocos, no ano 1928, por mor da súa filiación republicana.

Prendérono no ano 1930 pola súa participación na Sublevación de Jaca e deixou o Exército, ao que volveu tras da proclamación da II República.

No ano 1931 participou na constitución da Agrupación Socialista (AS) da Pobra do Caramiñal, que abandonou en 1933 para ingresar no PCE, do que foi secretario xeral na Pobra do Caramiñal e candidato a deputado nas eleccións de 1933; non obtivo acta. Dirixente da Casa do Pobo e principal líder obreiro da localidade. Membro da UXT na súa localidade.

Exiliado. Encarcerado.

Cando se produce o golpe militar tiña o seu destino en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), onde tentou organizar a resistencia contra dos sublevados co deputado de Esquerda Republicana (ER), Elpidio Villaverde Rey, adicándose a deter aos máis significados dereitistas, armando aos milicianos, fortalecendo o pobo e en coordinación con Cambados, O Grove e outros pobos da ría. Resistiron aos rebeldes ata o día 24 de xullo e despois pasaron a súa resistencia ao monte, nas serras de Xiabre e Lobeira, fustrigando ao exército rebelde todo o verán.

Ao fracasar nos obxectivos marchou para a Serra do Barbanza, onde se mantivo con homes armados ata outubro de 1937, entre eles o seu irmán Balbino. Pasou a Portugal, onde colaborou no afundimento dun barco da mariña de guerra alemá, que transportaba armas paro o exército sublevado. Logo pasou a Burdeos (Nova Aquitania, Francia), a onde chegou o día 12/12/1937. Incorporouse á Armada republicana e participou en accións de guerra no Mediterráneo, destacando o afundimento do cruceiro pesado Baleares dos sublevados, en marzo de 1938, cando era alférez de navío.

Antes do remate da guerra civil destinárono á embaixada de París (Francia). Estivo interno no campo de concentración de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

Logo da ocupación de Francia polos nazis, incorporouse á resistencia francesa, detívoo a Gestapo (policía secreta nazi) e deportárono a Auschwitz (Polonia), preto de Cracovia.

En abril de 1945 liberárono as tropas rusas; pesaba menos de 40 kg.

Trasladouse a París, onde viviu ata 1948, ano no que marchou para Venezuela despois de abandonar o PCE por descomenencias coa política de abandono da loita armada.

Exiliado en Venezuela, o 22/01/1961 tomou parte activa no secuestro do barco Santa María, propiedade do Estado portugués, na chamada “Operación Dulcinea” e coa intención de chamar a atención mundial sobre as ditaduras de Francisco Franco Bahamonde e de Antonio de Oliveira Salazar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.