Nacemento:
Morte:
Veciño de Pontedeume (A Coruña).
Vencellado á UXT de Pontedeume cos concelleiros do PSOE, Luis Nodar Castro e Eduardo Rodríguez Paz; co funcionario do Concello, Ramón Agras Fernández, executado na Capela en agosto de 1936 e con Anselmo Vázquez Rodríguez.
Membro da directiva da Agrupación Socialista (AS) de Pontedeume desde 1934, que presidía o despois alcalde en 1936, Manuel López Seijo, da que era secretario Luis Nodar Castro e na que tamén figuraban Albino Couceiro, José Losada, José-Antonio Fonte e María Vázquez Suárez.
Despois do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, o delegado do Goberno Civil, Celestino Sardiña Navarro, designou a nova Corporación de Pontedeume con concelleiros de Esquerda Republicana (ER) e do PSOE. Por este último partido contábanse o alcalde, López Seijo, Luis Nodar, Eduardo Rodríguez Pan e el mesmo, que foi 2º tenente de alcalde.
A nova corporación destituíu a varios funcionarios municipais por estaren implicados na desaparición de documentación oficial: o secretario, Ramón Álvarez Placer; o oficial da secretaría, Indalecio Cabana Carrillo; o depositario de fondos, Pío Rosado Fajardo; o recadador de arbitrios, Ramón Fernández Lamas e os gardas municipais Nicolás Villar Martínez, Jesús Cuíña Placer e Antonio Couso Sierto.
Esta corporación apoiou o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG), a incautación dos cemiterios, a creación dunha biblioteca municipal, obras de urbanización e a construción dun mercado municipal.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.