← Volver atrás

Fuentes Álvarez, David

Alcume: Capitán Velasco
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Vega de Valcarce
(León)
- 01/01/1919 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Valverde, Balboa, O Bierzo
(León)
- 17/04/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 17 anos.

Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS) de Vega de Valcarce.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Botouse ao monte e permaneceu na zona dos Ancares no grupo de Serafín Fernández Ramón, o Santeiro, no que tamén se atopaba César Terrón Abad.

Xulgado en consello de guerra polo delito de rebelión, na causa 92/38, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 31/03/1938.

Procesado polo Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de atraco e roubo a man armada, na causa 788/39, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Xefe dun grupo de sete homes do que formaron parte: Francisco Fernández Gómez, Manuel Fernández Aira, Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva, os irmáns Pedro Lamas Cerezales e Gerardo Lamas Cerezales, e Jesús Aira, que actuaban nos montes de Balboa e O Cebreiro (León).

Atribúenlle varios ataques en 1940 nas aldeas de Castelo de Frades e de Cereixedo, Cervantes, na provincia de Lugo. Suponse que este grupo atacou varios vehículos militares e autobuses de liña regular e o día 04/05/1940 executaron a tres xuíces de Balboa e a un dos seus pais, en represalia pola morte do seu amigo Francisco Fernández Gómez, en Pumarín en abril de 1940.

Como castigo polas súas accións ao seu pai e a unha irmá da súa nai deportáronos as autoridades franquistas.

Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Valverde o día 17/04/1941, con Manuel Mauriz Álvarez; o seu cadáver arrastrouno polas rúas un cabalo desbocado. Tamén faleceu no combate o garda civil Eladio González del Río.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha