Nacemento:
Morte:
Canteiro, 34 anos. Casado no ano 1933 con Balbina-María Pedro Carril, encarcerada. Veciños de Santa María de Baio, Zas (A Coruña). Manuel era da cuadrilla de canteiros do pai da súa dona, Antonio Pedro Álvarez (nado en Portugal). Despois de casar marchou coa súa dona a Madrid.
Militante da CNT.
Encarcerado.
Combate durante a guerra civil como voluntario nas milicias do exército republicano, onde acada o grao de tenente.
Rematada a contenda a Manuel procesárono e enviárono a un campo de concentración ata o ano 1940.
No ano 1944 a parella está de volta en Baio, vivindo no barrio do Chamberín. Cantaron os dous no coro de Baio, que tiña moita sona na comarca e fan unha vida tranquila.
Ocorre que o PCE e a guerrilla antifranquista piden o apoio de Balbina, que esta non lles nega na defensa dos seus propios ideais. A súa casa pasa a ser o máis importante apoio na Costa da Morte. Balbina contacta coa súa nai na Coruña e serve de correo frecuente da guerrilla entre as dúas localidades. Semella que a súa dona, a máis de apoio, participou nalgunhas accións guerrilleiras.
Despois da morte de Manuel Ponte Pedreira a Garda Civil descubriu o nome de moitos enlaces que Ponte levaba anotados nun caderno que lle atoparon.
Xulgada en consello de guerra na Coruña o día 12/12/1947, na causa 200/47, na que se procesaron nada menos que a 69 persoas: 16 de Vimianzo, oito de Laxe, 17 de Zas, seis de Cabana de Bergantiños e dous de Corme, entre outras persoas; todos eles acusados, en distinto grao de implicación, de “auxilio a malhechores” que se aloxaban en Santa María de Baio, Zas, en cinco vivendas diferentes. Condenárono a 15 anos de prisión.
Neste procedemento condenaron a 20 anos de cadea a Manuel Lorenzo Pérez; a 15 anos a Manuel García López; a 12 anos e un día a Cándido Vázquez Mouzo; pena de seis anos para Balbina-María Pedro Carril; absolveron a: Fernanda Carril Devesa, María Ponte Pedreira e Ramón Suárez García; tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: Celia Álvarez Vivero, Manuel Pereira Doval e Carmen Trillo.
Ingresado na cadea, no ano 1952 quedou en liberdade condicional cando o tiñan retido no penal de El Dueso, Santoña (Cantabria). Extinguiu a pena no ano 1954.
Para ver todos os procesados na causa 200/47 dirirxe á ficha de Alfredo Agra Blanco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.