← Volver atrás

Goicoechea Cosculluela, Antonio

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Barcelona
- 21/01/1876 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 11/02/1953 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 60 anos. Letrado do Consello de Estado en 1899. Ministro de Gobernación do día 15/04/1919 ao día 20/07/1919. Despois da instauración da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, colaborou co ditador.

Cando se proclamou a II República uniuse a Acción Nacional, que logo se converteu en Unión Popular. En xaneiro de 1933 creou Renovación Española (RE). Partidario do retorno da monarquía de Alfonso XIII. Era íntimo amigo do fillo do ditador José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia e buscou a máxima cooperación con Falanxe Española (FE). O ingreso de José Calvo Sotelo eclipsou a súa figura e, no 1936, non acadou acta de deputado.

Durante estes anos Goicoechea converteuse no principal contacto de Benito Mussolini en España. Logo do asasinato de Calvo Sotelo volveu converterse no principal líder de RE.

Golpista.

Participou activamente na preparación do golpe de Estado. O día 25/07/1936 trasladouse a Italia para solicitar o apoio de Mussolini ao golpe fascista; conseguiu axuda militar en forma de voluntarios, armas, municións e avións.

Cando Francisco Franco Bahamonde aprobou o Decreto de Unificación de abril de 1937, disolveuse RE, o que supuxo a fin da súa actividade política. RE quedou integrado en Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha