Nacemento:
Morte:
Chofer, sindicalista e político. Casado con Elvira Lodeiro González, fusilada; tiveron dúas fillas: Manuela e Pilar. Veciños de Bueu (Pontevedra). Era chofer da liña de autos a Cangas (Pontevedra).
Militante do PCE. Presidente da Sociedade de Chaufeurs.
Condenárono á pena de morte pola fabricación de bombas durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934; conmutáronlle a pena pola de prisión e saíu en liberdade en febreiro de 1936 por mor da amnistía da Fronte Popular (FP).
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Participou na resistencia ao golpe dos militares rebeldes no Goberno Civil de Pontevedra. Despois foxe e mantívose en agochos.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Ao fuxido Juan-Manuel Gómez Corbacho localizárono na Torre, Lourizán (Pontevedra) e organizouse unha batida, que dirixía o xefe da Garda Cívica de Pontevedra, Víctor Lis Quibén, con 20 gardas cívicos e catro gardas civís, que comandaba o cabo Jesús Barja Vázquez. Os represores achegáronse a Salcedo e encamiñáronse á casa de Ramón Acuña Iglesias, empregado de tranvías; alí tamén atoparon á súa irmá Consuelo Acuña Iglesias e á dona de Gómez Corbacho, Elvira Lodeiro González.
Despois de “hábiles” interrogatorios souberon que Gómez Corbacho e Manuel Méndez Montes se agochaban nunha chabola preto da casa. Prendéronlle lume á chabola e, ao tentar fuxir, Juan-Manuel morreu tiroteado; Méndez Montes morreu queimado dentro da caseta.
A Ramón, Consuelo e Elvira prendéronos e fusiláronos días despois.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.