Nacemento:
Morte:
Profesora de piano, 47 anos. Casada co médico Luis-Telmo Bernárdez Santomé; tiveron cinco fillos e catro fillas: Telmo, Jesús, Isabel, Basilio, María, José-Benito, Rita, Pedro e Carmen; outro fillo morreu de corta idade. Veciños de Redondela (Pontevedra). Nai dos mestres depurados e encarcerados Telmo Bernárdez Gómez e Jesús Bernárdez Gómez; a súa filla, tamén mestra, Isabel Bernárdez Gómez exiliouse con ela.
Sancionada. Exiliada.
Ao seu home, que fora alcalde de Redondela e xefe de Esquerda Republicana (ER), a pesares dos pedimentos de Isabel fusilárono os falanxistas o día 12/11/1936.
Os represores impuxéronlle unha multa mancomunada de un millón de pesetas co resto das outras oito viúvas dos asasinados de aquel 12 de novembro, embargándolle bens e propiedades.
Despois da morte do seu home marchou ao exilio coas súas fillas e os dous fillos máis pequenos, despois de que prenderan aos maiores Telmo e Jesús e depuraran como mestra á súa filla Bela. Pasaron a Porto (Portugal), Francia e Estados Unidos, para rematar en Nova York, onde chegaron o día 28/11/1939 no vapor De Grasse. Logo pasaron a México, país no que se estableceu por fin cos seus fillos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.