Nacemento:
Morte:
Xornalista, escritor, poeta e político, 34 anos. Solteiro. Veciño de Bueu, a onde se trasladara coa súa familia no ano 1915. Estudou en Vigo e en Santiago de Compostela (A Coruña). Viaxante da casa Cala y Gamboa de bebidas.
Johan Carballeira colaborou con: Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Luz e Aurora, Estampa, Gaceta de Galicia e outras moitas publicacións e revistas, polo que o recoñeceron naquela época como un dos grandes xornalistas galegos.
Militante do Partido Galeguista (PG), onde tiña como colaborador a Ricardo Gómez Buceta, formou parte do Consello Nacional do partido en 1935. Nas eleccións de febreiro de 1936 elixírono alcalde de Bueu pola coalición da Fronte Popular (FP), sendo un mediador recoñecido entre pescadores e patronal.
Encarcerado. Executado.
Cando se produce o movemento rebelde achábase en Madrid para entregar nas Cortes o texto do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG); volveu a Bueu o día 20 de xullo.
Despois do golpe militar o día 20 de xullo declárase a folga xeral e saen dous camións de milicianos cara Pontevedra; resistiron ata o día 24 en que entraron na vila os golpistas, que formaban gardas de asalto e tropas de mariñeiría, e que o destituíron do seu cargo.
Detido en Cangas (Pontevedra) o día 15/09/1936 cando preparaba a súa marcha, encarcerárono en Bueu e logo trasladárono á Escola Normal de Pontevedra, por entón prisión.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 29/12/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste xuízo procesaron outros 18 veciños de Bueu, todos condenados á pena de morte, agás un deles, que condenaron a cadea perpetua. A moitos conmutáronlles a pena pola de cadea perpetua.
Os procesados foron: Benito Aldao Lobeira, mariñeiro; Francisco Aldao Lobeira, mariñeiro; José Aye Estévez; Abelardo Barreiro Paredes, mariñeiro; Manuel Chapela Couso, canteiro; Ramón Chapela Otero, mariñeiro; Avelino Chapela Soliño, canteiro; Manuel Couso Gil, mariñeiro; Ramón Estévez Pazos, xornaleiro; José-Francisco Gómez de la Cueva, xornalista; Manuel Graña Pouseu, mariñeiro; Salvador Lobeira Juncal, mariñeiro; Manuel López Cortizo, mecánico; Benito Núñez Molares, labrego; Salvador Pardo Dávila; Benito Pastoriza Fariña, mariñeiro; Manuel Pastoriza Freire, xornaleiro; Manuel Ríos Pérez, mecánico, e Manuel Sánchez Juncal, albanel.
Ingresado uns meses na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Fusilado ás 07:00 h no Monte Porreiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.