← Volver atrás

Guillán Abalo, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 05/05/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Estrada
(Pontevedra)
- 09/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 34 anos. Casou no ano 1928 con Josefa Agulló Barral, tamén mestra. Veciños de Santo Adrao de Moneixas, Lalín (Pontevedra). Irmán de Gonzalo-José Guillán Abalo e Pascual Guillán Abalo, os dous pasaron pola cadea. Mestre en Sada (A Coruña). Destinado como mestre interino en San Salvador de Poio (Pontevedra) en 1931. Un incidente co inspector José Gabaldón Navarro, que tivera un problema de traballo coa súa dona Josefa, motivou a súa suspensión do servizo en xuño de 1933; readmitírono en marzo de 1934. Destinárono a Santa Mariña da Insua, Ponte Caldelas (Pontevedra) en 1934.

Pertencía á loxa masónica Helenes nº 7.

Afiliado da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo (ATEV), vencellada á UXT. Militante do Centro Republicano e despois da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), pola que se presentou como candidato nas eleccións de 1931. Máis tarde pasouse ao Partido Galeguista (PG) e foi apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado.

Cando se produce o golpe de Estado achábase de vacacións en Santa María de Soutolongo, Lalín (Pontevedra). Prendérono os fascistas o día 21/07/1936 e ingresárono no cárcere de Lalín acusado de facer “propaganda comunista” entre os obreiros do ferrocarril. Preso na cadea de Lalín ata o día 08/10/1936, cando o sacaron para pasealo.

Na noite do 8 ao 9 de outubro de 1936 a Garda Civil preséntase na cadea de Lalín (Pontevedra) para recoller a Manuel Guillán Abalo e a Jesús Froiz Gómez, co pretexto de trasladalos á cadea de Caldas de Reis (Pontevedra). Os mesmos gardas pasan logo a Silleda (Pontevedra) e recollen a Ramón Muíños Lorenzo. Con estes presos diríxense á Estrada.

Esa mesma noite do 8 de outubro, outro grupo da Garda Civil saca da Prisión Provincial de Pontevedra, coa desculpa de levalos á prisión da Estrada, a: Severino García Teijeiro, José-Domingo González Boullosa e Juan Bacariza Sánchez.

As dúas expedicións xúntanse na Ponte do Regueiro, preto da Estrada, e asasinaron aos seis conducidos entre as 04:00 e as 05:00 h do día 09/10/1936. Os gardas que fixeron os disparos serían o corneta Casimiro Álvarez Rincón e o garda segundo Agustín López Ferreiro. O chofer do coche de Pontevedra era o garda Alejandro Pérez González. Non sorprende que a xustificación dos axustizamentos sexa a aplicación da Lei de Fugas. Os corpos soterráronos no cemiterio da Estrada.

Morte rexistrada na Ponte do Regueiro.

Neste mesmo lugar e data asasinaron a: Juan Bacariza Sánchez; Jesús Froiz Gómez, xornalista; Severino García Teijeiro, practicante; José-Domingo González Boullosa, tapiceiro; Manuel Guillán Abalo, mestre, e Ramón Muíños Lorenzo, obreiro.

No mes de xaneiro de 1937 procesárono nunha causa militar en Pontevedra, acusado de ser o organizador das masas obreira, sen que o xuízo teña continuidade, faltaría máis.

No ano 1940 procesouno o Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.