← Volver atrás

Gutiérrez Alba, Domitila

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxida. Encarcerada

Nacemento:

Santa María de Vilarello, Cervantes
(Lugo)
- 01/01/1926 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Becerreá
(Lugo)

Biografía

Traballo na casa, 10 anos. Solteira. Veciña de Cervantes. Filla de Juan Gutiérrez Santín, fusilado en 1936 e de Consuelo Alba Digón, exiliada.

Fuxida. Encarcerada.

Despois do fusilamento do seu pai en 1936, represaliado durante a guerra e de sufrir varias requisas, os seus irmáns Abelardo Gutiérrez Alba, Baldomero Gutiérrez Alba e Jovino Gutiérrez Alba, botáronse ao monte, aos que acompañou coa súa nai e o seu tío materno Segundo Alba Digón. Abelardo e Jovino eran da CNT. No ano 1937, Domitila, a súa nai, a súa irmá Florinda e o seu tío materno, Segundo Alba Digón, acabaron por unirse á partida dos seus irmáns no monte, diante da presión dos falanxistas que trataban de saber o paradoiro dos irmáns fuxidos.

Andou agochada en varias localidades e distintos domicilios, pero rematou detida o día 19/11/1939 coa súa nai e a súa irmá Florinda acusadas do delito de auxilio a fuxidos, ingresaron na Prisión Provincial de Lugo e, o día 01/07/1940, no campo de concentración da praia de Arnao, Figueras, Castropol (Principado de Asturias).

Xulgada no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de agresión ás forzas armadas, na causa 180/45, co resultado de ser declarada fuxida e en rebeldía segundo resolución do día 17/05/1945.

Neste xuízo procesaron e declararon fuxidos e en rebeldía a: Consuelo Alba Digón, os seus fillos Abelardo Gutiérrez Alba, Baldomero Gutiérrez Alba, Domitila Gutiérrez Alba e Jovino Gutiérrez Alba; o tío destes e irmán da primeira, Segundo Alba Digón e Corsina Martínez.

Xulgada no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de atraco, na causa 294/45, co resultado de ser declarada fuxida e en rebeldía segundo resolución do día 01/09/1945.

Durante a súa estancia na guerrilla pasou pola III Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) e pola III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de relación con bandoleiros, na causa 177/46, co resultado de sentenza a doce anos de cadea

Xulgada en consello de guerra en Lugo polo delito de roubo, na causa 215/46, co resultado de sentenza de sobresemento segundo resolución do día 23/04/1946.

Pasou anos agochada. En 1947, cansa daquela vida, trasladouse a Madrid para traballar no servizo doméstico e, en setembro dese ano a Barcelona, onde a detiveron o día 07/10/1947.

Xulgada no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de relación con bandoleiros, na causa 616/48, co resultado de sentenza a 20 anos e un día de reclusión maior.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.