← Volver atrás

Gutiérrez Alba, Florinda

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxida. Exiliada

Nacemento:

Santa María de Vilarello, Cervantes
(Lugo)
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Modista, 19 anos. Solteira. Veciña de Cervantes. Filla de Juan Gutiérrez Santín, fusilado en 1936 e de Consuelo Alba Digón, exiliada.

Fuxida. Exiliada.

Despois do fusilamento do seu pai en 1936, represaliado durante a guerra e de sufrir varias requisas, os seus irmáns Abelardo Gutiérrez Alba, Baldomero Gutiérrez Alba e Jovino Gutiérrez Alba, botáronse ao monte. Abelardo e Jovino eran da CNT. No ano 1937, Florinda, a súa nai, a súa irmá Domitila e o seu tío materno, Segundo Alba Digón, acabaron por unirse á partida dos seus irmáns, diante da presión dos falanxistas que trataban de saber o paradoiro dos irmáns fuxidos.

Detida o 19/11/1939 coa súa nai e a súa irmá Domitila. O día 01/07/1940 ingresáronas no campo de concentración da praia de Arnao, Figueras, Castropol (Principado de Asturias), polo delito de auxilio a fuxidos

En 1947 conseguiu exiliarse en Francia.

Xulgada no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de relación con bandoleiros na causa 616/48.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha