← Volver atrás

Lago Búa, Fernando

Alcume: o Carniceiro de San Simón
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor. Executado

Nacemento:

Pontevedra

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 05/01/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario. Casado. Ex-árbitro de fútbol, en 1935 era vicepresidente do Colexio Galego de Árbitros. Ingresou por oposición no Corpo de Seguridade Interior de Prisións no ano 1934 e destinárono a El Dueso, Santoña (Cantabria).

Militante do Partido Carlista.

Coa chegada ao poder da Fronte Popular (FP) en 1936 desterrárono co traslado a Pamplona (Navarra) pola súa dura actuación contra elementos das esquerdas.

Represor. Executado.

Despois de integrarse nos grupos carlista e poñerse ás ordes de Emilio Mola Vidal, en setembro de 1936 noméano inspector das prisións provinciais de Pontevedra.

Organizou un sistema de donativos coa falsa intención de destinalos a remediar as carencias do elevado número de presos e, co médico da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), Francisco Bustelo Bustelo, desenvolveron unha trama para extorsionar os presos desta cadea, facéndolles crer que se atopaban nas listaxes para “pasear” e, que se lles entregaban unha cantidade de diñeiro, influirían para evitalo. Tamén contrabandeaba cos alimentos que as familias lles achegaban aos presos e que el ordenaba que se lles requisaran; ademais baixou a calidade das racións que se daban aos presos.

Denunciounos o preso e médico vigués José-Ramón de Castro Rodríguez, quen chegou a asinarlle un cheque por 200.000 pesetas, pero a súa liberación retardábase. Detivéronos o día 14/11/1936 xunto co seu colaborador Cándido Barros Martínez.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 21/12/1936, na causa 1219/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte e executaron a: Fernando Lago Búa e Francisco Bustelo Bustelo; a Cándido Barros Martínez absolvérono no proceso.

Ao capitán da Garda Civil e delegado de Orde Pública en Vigo, Francisco González Rodríguez, o Rabioso, cesárono no cargo de responsable de Orde Pública en febreiro de 1937, ascendérono a capitán e destinárono á comandancia de Córdoba. Probablemente a súa caída en desgraza se deba a estar relacionado coa trama mafiosa que lideraba o xefe da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), Fernando Lago Búa, do que participou no seu fusilamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.