Nacemento:
Morte:
Político, 34 anos. Casado con Elvira Tajes Santiago, tamén procesada en causa militar. Veciños de Muros.
Fuxido. Encarcerado.
Logo do golpe dos militares sublevados foxe a Francia.
Fuxido na evasión do bou Tiburón cun grupo de republicanos desde Ferrol (A Coruña) e cara Francia, o día 10/08/1938, data na que asaltaron o barco en alta mar, ameazaron á tripulación e conduciron o barco ao porto francés de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia), onde chegaron o día 13 de agosto. A fuga organizárona xentes de El Despertar Marítimo, vencellada a CNT da Coruña.
Fuxiron 24 mariñeiros galegos, aos que repatriaron de xeito inmediato; 14 mariñeiros da tripulación e oito asaltantes chegaron en tren a Barcelona e dous dos tripulantes volveron a Galicia por Irún (Guipúscoa).
Entre os fuxidos estaban os coruñeses: Ángel Chas González; Américo Gómez Carro, fontaneiro; Arturo Moreno Torres, zapateiro; Manuel Pérez Agrelo, mariñeiro, e Manuel Varela Sande. Os ferroláns: Epifanio García González, funcionario, e Saturnino Pita Fontenla, mariñeiro. Os veciños de Noia (A Coruña): Luis Louro García, mariñeiro e o seu irmán Ramón Louro García; Manuel Oviedo Piñeiro, mariñeiro; Manuel Suárez Abeleira e Ramón Villar Blanco, mariñeiro. Ramón Gómez Lage, propietario, de Ortigueira (A Coruña). Francisco Insua López, patrón de pesca, de Viveiro (Lugo). Francisco Lago Rodríguez, político, de Muros (A Coruña). Luis Otero López, maquinista naval, de Teis, Vigo (Pontevedra). Manuel Palmeiro Romero, de Miño (A Coruña) e Gerardo Torreiro López, mestre, de Arzúa (A Coruña).
Causa aberta en Ferrol polo delito de rebelión militar (fuxida a Francia do bou Tiburón) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Capturárono os fascistas cando tentaba o regreso a España.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.
Pena ordinaria conmutada pola de seis anos e un día de prisión menor.
Segundo outras fontes os tripulantes do Tiburón que pasaron de Nantes a Barcelona foron 12. José García e Francisco Insua López insistiron en regresar a A Coruña e Severino Rascado foxe do tren que o conducía a Barcelona e, logo, preséntase na Comandancia de Donostia; estes tres homes foron encarcerados en Ferrol (A Coruña) e procesados na causa 1571/38. O mariñeiro Ramón Villar Blanco permanecería en Francia a cargo do bou e regresou a España en setembro dese ano 1938.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.