← Volver atrás

López del Río, Francisca

Alcume: Paca a Sabina
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxida. Exiliada

Nacemento:

Miño
(A Coruña)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestra, 25 anos. Casada co alcalde Ricardo Pérez Medín, tamén fuxido no barco canda ela. Veciños de Miño. Co seu home rexentaba o Bar Miño.

Fuxida. Exiliada.

O día 31/08/1937 foxen de Miño na pequena lancha motora La Golondrina varios republicanos, que levaban tempo agochados. A fuga organizárona o ex-alcalde de Miño Ricardo Pérez Medín e a súa dona Francisca López del Río. Saíron de Miño e chegaron a Marennes (Nova Aquitania, Francia); mandáronos aos poucos días a Rochefort (Nova Aquitania, Francia), onde os meteron nun tren cara Barcelona, a onde que chegaron o día 17/09/1937.

Dos 11 fuxidos, nove eran de Miño: Manuel Barros Serrano, labrego; Antonio González Basanta, mariñeiro; Francisca López del Río, traballo na casa; Abelardo López Varela, xornaleiro; Ricardo Pérez Medín, albanel; José Rodríguez Pérez, mariñeiro; Francisco Rodríguez Quintas, ferreiro; Antonio Somorrostro Pérez, labrego, e Juan Varela Bouza, labrego. Tamén fuxiron Andrés Fraguas, que era madrileño, e Manuel Salorio Díaz, veciño da Coruña.

Xulgada en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarada fuxida e en rebeldía.

Marchou a Francia; no ano 1940 achábase na República Dominicana e no 1941 en Panamá.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha