Nacemento:
Morte:
Tiña 45 anos. Casada con Juan Sánchez López; tiveron dúas fillas e un fillo: Celia, Josefa e José. Veciños de Probaos, na Casa dos Chintos. Sogra de Manuel Mosquera Moar, irmá de Manuela López Suárez e filla de Jacinto López Sánchez (pai de María e de Manuela); aos catro executounos a Garda Civil na súa casa de Probaos.
Encarcerada. Morte en enfrontamento.
María estivo no cárcere co seu xenro Manuel durante 120 días, desde o día 13/08/1947. Torturáronos na cadea e puxéronos en liberdade condicional.
O día 4 de marzo o seu domicilio rodeouno un comando da Garda Civil de Betanzos (A Coruña), que andaba na procura de guerrilleiros e que mandaba o capitán José Méndez Villar. Eles tiñan acubillados na súa casa a Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, e a José Blanco Núñez, Ferreirín. José Blanco conseguiu fuxir do cerco e a Antonio Nouche, Manuel Mosquera, María López, Manuela López e Jacinto López executounos a Garda Civil.
No enfrontamento tamén morreron os gardas civís Blas Sánchez Gómez e José Cano Gutiérrez.
O Tribunal Militar Territorial da Coruña iniciou a causa 115/48 por estes feitos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.