← Volver atrás

López Touriño, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Operador de cine, 28 anos. Veciño de Santiago de Compostela.

Membro da UXT e da Agrupación Socialista (AS) da súa cidade natal.

Fuxido.

Formou parte, na representación dos sindicatos obreiros, do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela.

No momento de producirse o alzamento golpista Fernando Barcia Beiras preside o Comité de Defensa da República que tratou de frear a sublevación militar. Neste comité estiveron: José Miguel Alcalde, Celestino Barcia, Fernando Barcia Beiras, Francisco Fernández del Riego, Rafael Frade Peña, Samuel Gómez, Jesús Hortas, Juan López Touriño, Manuel Maroño Calvo, Ricardo Nogueira, Domingo Pardo Corredoira, Modesto Pasín Noya, José Pasín Romero, Luis Rastrollo González, Jesús Rodríguez, Ricardo Rosende, Cándido Sánchez Rodríguez, Jesús Vieiro Gómez, José Vila, Marcial Villamor Varela.

Ao triunfar o golpe agochouse na casa do seu irmán Fidel en Pontevedra e exerceu de vendedor de queixos.

En maio de 1940 entregouse á policía do novo réxime en Pontevedra.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Santiago de Compostela na causa 325/40.

Interno na Prisión de Partido de Santiago de Compostela, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 181 do día 30/06/1941.

Mantivérono en liberdade vixiada ata o ano 1945.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha