← Volver atrás

Martínez Montero, Juan

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

San Vicente de Meá, Mugardos
(A Coruña)
- 01/01/1919 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 17 anos. Casado. Veciño de San Vicente de Caamouco, Ares (A Coruña).

Encarcerado.

Detido por mor dunha trampa o día 10/07/1948 no Bar Barlovento, na Praza de Lugo, na Coruña, por unha delación dun compañeiro do seu grupo. Detido con Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge; José Rodríguez Campos, obreiro; José Ramos Díaz, xastre e Josefa González Cudeiro.

A operación policial dirixiuna Eduardo Alfonso Cruz, xefe do Servizo de Información da 140 Comandancia da Garda Civil na Coruña, que empregou datos obtidos polo axente infiltrado na guerrilla Alejo-Pablo Mora García.

Ao día seguinte detiveron nas rúas da Coruña a José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López, e á súa compañeira María Blázquez del Pozo, obreira (embarazada, á que lle perforaron o estómago dun tiro e non lle sacaron a bala no tempo que durou o seu encerro).

Sufriron todos e todas interrogatorios moi duros, malleiras e torturas.

O día 18/10/1948 tivo lugar na Coruña o consello de guerra sumarísimo, presidido polo tenente coronel de Enxeñeiros Ramón Rivas Martínez. O xuízo converteuse nunha farsa, sen probas nin testemuñas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha