← Volver atrás

Martínez Núñez, Catalina

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executada

Nacemento:

Columbrianos, Ponferrada
(León)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Columbrianos
- 05/06/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 23 anos. Veciña de Columbrianos.

Executada.

Miguel Cuellas Gómez, Artillero, era o responsable de que o seu grupo estivera agochado en Columbrianos, na casa de Catalina Martínez Núñez, en contra das ordes superiores, pois sospeitábase que ese domicilio xa o controlaban as forzas represoras.

Despois da delación da confidente e antiga enlace Evangelina Álvarez Álvarez ao capitán da 4ª Compañía da 108ª Comandancia da Garda Civil, Felipe Romero Alonso, un numeroso grupo de gardas civís e tropas do Exército rexistraron a casa o día 05/06/1945.

Os guerrilleiros agochábanse nun falso teito da cociña da casa duns 50 cm de alto; descuberto o agocho metralláronos ata a morte, sen que puideran defenderse e morreron os tres fuxidos: Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Robustiano Arias Carujo, Felipe, e Manuel Moreno Casado, Pucherillo, Andaluz.

Á dona da casa, Catalina Martínez Núñez, cribárona a tiros na habitación contigua e ao seu sobriño, Pedro García Tirado, responsable de ter construído o agocho e que estaba fóra do domicilio, conducírono e asasinárono a carón da súa tía.

Esta acción represora remataría coñecida como A Caída de Columbrianos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha