← Volver atrás

Miguel Alcalde, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Sancionado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 01/01/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 40 anos. Embarcou en Vigo (Pontevedra) en 1923 cara Filipinas e volveu a Galicia despois do establecemento da II República.

En 1919 elixírono vicesecretario da directiva da Xunta Tradicionalista de Santiago de Compostela. Na República foi membro do Centro Republicano Federal de Esquerda Galega na cidade compostelá, do que sería secretario en 1935. Despois do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 nomeárono concelleiro da súa cidade, posto do que dimitiu a primeiros de xullo de 1936.

Fuxido. Sancionado.

No momento de producirse o alzamento golpista Fernando Barcia Beiras preside o Comité de Defensa da República en Santiago de Compostela, que tratou de frear a sublevación militar. Neste comité estiveron: José Miguel Alcalde, Celestino Barcia, Fernando Barcia Beiras, Francisco Fernández del Riego, Rafael Frade Peña, Samuel Gómez, Jesús Hortas, Juan López Touriño, Manuel Maroño Calvo, Ricardo Nogueira, Domingo Pardo Corredoira, Modesto Pasín Noya, José Pasín Romero, Luis Rastrollo González, Jesús Rodríguez, Ricardo Rosende, Cándido Sánchez Rodríguez, Jesús Vieiro Gómez, José Vila, Marcial Villamor Varela.

José logrou fuxir diante da represión franquista.

Xulgado polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña, condenárono no ano 1940 a seis anos de inhabilitación absoluta, seis anos de desterro a máis de 200 quilómetros de Santiago de Compostela e ao aboamento de 5000 pesetas. Indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha