← Volver atrás

Miguel Frechilla, Primitivo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Executado

Nacemento:

Barruelo, Valdeprado del Río
(Cantabria)
- 27/11/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vuelta del Castillo, Pamplona
(Navarra)
- 08/09/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico e sindicalista, 34 anos. Casado con Purificación Martínez Regueiro, tiñan catro fillos. Veciños da Coruña. Empregado do Ferrocarril.

Militante do PCE e do Socorro Rojo Internacional (SRI).

Encarcerado. Executado.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 05/08/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 243/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Despois do golpe militar internárono os franquistas na Prisión Provincial da Coruña, da que o sacaron o día 12/01/1937 para levalo a Pamplona (Navarra). Con el sacaron a Enrique Rosende Calvo, o secretario do Sindicato de Camareiros e do Centro de Estudos Sociais Germinal; a Manuel Vázquez González, conserxe do local de Esquerda Republicana (ER); Jaurés García García, Jaurés da Lixivia; José-María Eirís Carro e Leovigildo Taboada Alvarellos. So chegaron a Pamplona el e os dous primeiros; a Eirís, Jaurés e Leovigildo asasináronos no Campo da Rata, na Coruña, en aplicación da Lei de Fugas.

Trasladado ao penal de San Cristóbal, onde ingresa o día 14/01/1937 con Manuel Vázquez González e Enrique Rosende Calvo.

Participa na organización do intento de fuga masiva do día 22/05/1938; capturárono e reingresárono o día 25/05/1938.

Trasladado á Prisión Provincial de Pamplona o día 04/06/1938 e xulgado polo delito se ser un dos organizadores da fuga masiva co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h na Vuelta del Castillo.

A súa dona, Purificación, cando se decatou da súa morte e chea de dor, tirouse ao mar cun dos seus fillos nos brazos; rescatáronos uns mariñeiros. Purificación traballou despois na Fábrica de Mistos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha