← Volver atrás

Núñez Rodríguez, José

Alcume: o Perdigueiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

O Val, Santa Mariña de Rubiá, Rubiá
(Ourense)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Val
- 23/10/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 27 anos. Veciño do Val. Irmán de Francisco Núñez Rodríguez e Ramón Núñez Rodríguez, os dous asasinados con el pola Lexión, e de Gerardo Núñez Rodríguez, executado.

Executado.

Ao seu irmán Gerardo, fuxido, buscábano en outubro de 1939 as forzas do I Terzo da III Bandeira da Lexión, que dirixía o entón tenente Sergio Peñamaría de Llano. Andar na súa procura deu como resultado os aforcamentos da súa moza, Remedios Rodríguez Cadórniga, e da nai desta, Concepción Rodríguez Cadórniga, o día 19/10/1939; penduráronas dunha cerdeira nas proximidades da súa casa, a vista de todos os veciños. A irmá de Remedios, Felicitas Rodríguez Cadórniga, salvouse de ser colgada ao non estar na casa no momento no que se cometeron os asasinatos, pois apañaba patacas en San Miguel de Xagoaza, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Polos mesmos feitos do encubrimento de Gerardo tamén colgaron, o día 23/10/1939, a tres dos seus irmáns: José Núñez Rodríguez, 30 anos; Francisco Núñez Rodríguez, 28 anos, e Ramón Núñez Rodríguez, 25 anos.

Gerardo consegue pasar a Portugal, onde o detivo a Garda Nacional Republicana (GNR), con Rogelio Rodríguez López, de Soulecín, e Constantino Santos Morán, de Bembibre (León). A estas tres persoas deportáronas a España e executáronas en Ourense en outubro de 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha