Nacemento:
Morte:
Traballo na casa, 24 anos. Casada no ano 1933 co canteiro Manuel García López, encarcerado e dez anos maior ca ela; Manuel era da cuadrilla de canteiros do seu sogro. Veciños de Santa María de Baio, Zas (A Coruña). Filla de Fernanda Carril Devesa, procesada, e do canteiro portugués Antonio Pedro Álvarez. Os seus pais trasladáronse a Baio, cando ela era unha nena, para rexentar a Fonda de Fernanda da Pesca. Co seu home trasladáronse a Madrid.
Encarcerada.
Cando da comeza a guerra civil viven en Madrid e o seu home, militante da CNT, combate como voluntario nas milicias do exército republicano, onde acada o grao de tenente.
Balbina pasa toda a guerra en Madrid e a súa nai Fernanda ten que pechar a fonda de Baio diante das presións que sofre dos sublevados ao saberse que filla e xenro son republicanos e establécese na Coruña.
Rematada a guerra civil, a Manuel procesárono e enviárono a un campo de concentración ata o ano 1940.
No ano 1944 a parella está de volta en Baio, vivindo no barrio do Chamberín. Cantaron os dous no coro de Baio, que tiña moita sona na comarca e fan unha vida tranquila.
Ocorre que o PCE e a guerrilla piden o apoio de Balbina, que esta non lles nega na defensa dos seus propios ideais. A súa casa pasa a ser o máis importante apoio na Costa da Morte. Contacta coa súa nai na Coruña e serve de correo frecuente da guerrilla entre as dúas localidades.
Aínda que non se demostrou no xuízo, algunhas testemuñas indican que ademais de correo, Balbina chegou a formar parte das partidas guerrilleiras antifranquistas. Unha das veces en que os fuxidos actuaron en Santa Baia de Tines, Vimianzo (A Coruña), Balbina estaba no grupo.
Despois da morte de Manuel Ponte Pedreira a Garda Civil descubriu o nome de moitos enlaces que Ponte levaba anotados nun caderno que lle atoparon. Un deles era o de Balbina e as forzas represoras detéñena o día 28/04/1947, sufrindo salvaxes interrogatorios.
Xulgada en consello de guerra na Coruña o día 12/12/1947, na causa 200/47, na que se procesaron nada menos que a 69 persoas: 16 de Vimianzo, oito de Laxe, 17 de Zas, seis de Cabana de Bergantiños e dous de Corme, entre outras persoas; todos eles acusados, en distinto grao de implicación, de “auxilio a malhechores” que se aloxaban en Santa María de Baio, Zas, en cinco vivendas diferentes. Condenárona a seis anos de prisión menor.
Neste procedemento condenaron a 20 anos de cadea a Manuel Lorenzo Pérez; a 15 anos a Manuel García López; a 12 anos e un día a Cándido Vázquez Mouzo; pena de seis anos para Balbina-María Pedro Carril; absolveron a: Fernanda Carril Devesa, María Ponte Pedreira e Ramón Suárez García; tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: Celia Álvarez Vivero, Manuel Pereira Doval e Carmen Trillo.
Para ver todos os procesados na causa 200/47 dirirxe á ficha de Alfredo Agra Blanco.
Balbina-María recoñece diante do xuíz que acubillara guerrilleiros ata en oito ocasións, nunha delas ata a nove persoas e que actuara como correo.
O día 13/02/1948 trasladárona á Prisión Central de Mulleres de Segovia.
Sae do cárcere en liberdade condicional o 18/06/1950 e vive na rúa San Andrés, na Coruña, coa súa nai. O 24/10/1951 acada a liberdade definitiva. En 1952 o seu home obtén a liberdade condicional na prisión de El Dueso, Santoña (Cantabria); condenárano a 15 anos na mesma causa, cando a protagonista era a súa dona.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.