Nacemento:
Morte:
Albanel, empresario e político, 27 anos. Casado coa mestra Francisca López del Río, Paca, quen fuxiu con el. Veciños de Miño. Irmán de Manuel Pérez Medín, procesado. Aos 15 anos comezou a traballar como albanel e no entorno de 1930 estableceu o Bar Miño na súa localidade.
Fundador da UXT de Miño en 1931 e militante de Esquerda Republicana (ER). No ano 1936 pasouse ao PSOE. Co triunfo da Fronte Popular (FP) elixírono concelleiro en febreiro de 1936 e nomeárono alcalde en maio, posto que desenvolvía cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiro na Corporación de Miño de 1936, entre outras persoas, a Abelardo López Varela, fuxido.
Sancionado. Fuxido. Exiliado.
Despois do golpe de Estado dos militares rebeldes permaneceu en arresto domiciliario e tivo que pagar varias multas gobernativas; a máis, estivo a piques de que o pasearan coa súa dona.
Conseguiu fuxir o día 31/08/1937 desde Miño na lancha motora La Golondrina.
Dos 11 fuxidos, nove eran de Miño: Manuel Barros Serrano, labrego; Antonio González Basanta, mariñeiro; Francisca López del Río, traballo na casa; Abelardo López Varela, xornaleiro; Ricardo Pérez Medín, albanel; José Rodríguez Pérez, mariñeiro; Francisco Rodríguez Quintas, ferreiro; Antonio Somorrostro Pérez, labrego, e Juan Varela Bouza, labrego. Tamén fuxiron Andrés Fraguas, que era madrileño, e Manuel Salorio Díaz, veciño da Coruña.
Chegaron a Burdeos (Nova Aquitania, Francia), atravesaron Francia e incorporouse ás filas republicanas en Barcelona. Foi axente da Policía Marítima no Porto da Selva (Xirona).
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (roubo da lancha motora La Golondrina) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Coa caída de Cataluña pasou a Francia e internárono no campo de concentración de Béziers (Hérault, Occitania, Francia).
O día 06/04/1940 saíu de Burdeos para a República Dominicana e, no ano 1941, trasladouse a Panamá, onde traballou como chofer e albanel. No ano 1962 nomeárono delegado diplomático da República no exilio e, en 1968, volveu por primeira vez a Miño.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.