← Volver atrás

Ramos Díaz, José

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

O Valadouro
(Lugo)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xastre, 23 anos. Solteiro. Veciño do Valadouro.

Encarcerado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 27/03/1940 e trasladado ao cárcere de Ferrol (A Coruña) o 12/04/1940.

Detido por mor dunha trampa no Bar Barlovento o día 10/07/1948, na Praza de Lugo, por unha delación dun compañeiro do seu grupo, xunto con Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge; José Rodríguez Campos, obreiro; Juan Martínez Montero, campesiño e Josefa González Cudeiro. A operación policial dirixiuna Eduardo Alfonso Cruz, xefe do Servizo de Información da 140 Comandancia da Garda Civil na Coruña, empregando datos obtidos polo axente infiltrado na guerrilla Alejo-Pablo Mora García.

Ao secretario xeral do PCE José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López, e a María Blázquez del Pozo, obreira (embarazada, á que lle perforaron o estómago dun tiro e non lle sacaron a bala no tempo que durou o seu encerro), arrestáronos ao día seguinte. Sufriron todos e todas duros interrogatorios, malleiras e torturas.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 18/10/1948 polo delito de auxilio á rebelión na causa 370/48.

Este consello de guerra sumarísimo, presidido polo tenente coronel de Enxeñeiros Ramón Rivas Martínez, converteuse nunha farsa, sen probas nen testemuñas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha